Entradas

Relacions tróficas nos ecosistemas

 Unha relación trófica é unha relación de dependencia alimentaria que se establece entre os distintos organismos dun ecosistema. Unha cadea trófica é un esquema que representa as relacións tróficas O número de niveis tróficos máis común é catro ou cinco Perda de enerxía nos ecosistemas: A perda de materia e enerxía a través dos seres vivos dun ecosistema é a causa de que exista un maior número de organismos

Os ecosistemas, a materia e a enerxía

Imagen
 Os ecosistemas funcionan con materia e enerxía, o sol é a principal fonte enerxética para a maioría dos seres vivos, este tipo de enerxía é captada grazas a pigmentos como a crorofila. Tamén hai organismos capacesde obter a enería que se desprende nalgunhas reaccións químicas, isto chamase quimiosintetizadores A obtención de materia e enerxía: -Os seres autótrofos son capaces de formar materia orgánica para logo utilizala, por eso se chaman produtores -Os heterótrofos necesitan tomar materia orgánica xa elaborada polos produtores, por iso se chaman consumidores, hai comsumidores primarios, secundario e terciarios

Adaptacións aos factores ambientais

Imagen
 As adaptacións poden ser de tres tipos: -De comportemento ou etolóxicas, como a migración das aves -Fisiolóxicas, como a capacidade dalgúns animais para captar o osíxeno na auga, oude regular a temperatura -Morfolóxicas ou anatómicas, como a forma das follas das plantas que permiten captar mellor a luz Adaptación ao medio acuático: -A salinidade dos océanos inflúe directamente na estrutura e no funcionamento dos organismos que viven neles, estes organismos poden clasificarse en eurihalinos (os que se acomodan aos cambios de slinidade) ou estenohalinos (os que non están adaptados aos cambios na salinidade) -A transformación das extremidades en aletas ou membranas interdixitais, e o corpo en forma fusiforme -As branquias para poder respirar -A vexiga natatoria -A utilización de sons e ultrasons

Factores bióticos

Imagen
  As relacións intraespecíficas son:  -Coloniais : os individuos viven intimamente unidos -Sociais: establecese unha xerarquía ou unha distribución de tarefas -Familiares: establecense dentro dun grupo familiar -Gregarias: desprazanse en conxunto As relacións interespecíficas son: -Competencia -Depredación  -Simbiose, dentro da simbiose hai mutualismo, comensalismo e parasitismo

Factores que ambientan os ecosistemas

Imagen
 Os factores bióticos son as relacións que se establecen entre os seres vivos dun ecosistema e que condicionan a súa propia existencia, estas relacións so necesarias para alimentarse, defenderse, reproducirse... Os factores abióticos  son todos os factores ambientais dun ecosistema, como por exemplo no medio acuático son a luz, a salinidade e a presión, ou no medio terrestre son o tipo de solo, a temperatura, a humidade e a luz.  -Factores climáticos: temperatura e humidade -Factores físicos e químicos: a luz, a salinidade a presión e a concentración de osíxeno -Factores edáficos: tipo de rochas e materiais que forman o chan

A bioesfera e os ecosistemas

Imagen
A divesidade de seres vivos é posible grazas a: -Unha atmosfera protectora -Unha temperatura adecuada -Unha achega continua de enerxía solar -A existencia de auga en estado líquido A biosfera é a zona da Terra habitada por seres vivos que ocupa case todo o planeta Un ecosistema é un sistema constituído por organismos que se relacionan entre eles e co espazo no que estan Elementos que integran un ecosistema: -Biocenose (conxunto de seres vivos que habita en un lugar) -Biótopo (lugar onde dse atopa a biocenose) Os seres vivo agrúpanse en: -Poboación, que son grupos de organismos da mesma especie que viven nunha área e nun tempo determinados -Comunidades, que son agrupacións de poboacións de distintas especies

Temas 6 e 7: Ecosistemas

Imagen