Xenes e control celular

 Os xenes son segmentos de ADN, é dicir de nucleótidos, que conteñen a información xenética para producir proteínas. O conxunto de xenes dun individuo chámase xenoma

As proteínas son biomoléculas formadas pola unión de aminoácidos, existen 20 aminoácidos diferentes que forman as proteínas. A orde ou secuencia na que se unen os aminoácidos determina o tipo de proteína, o cambio dun só deles da lugar a que a proteína sexa diferente


 O código xenético é o conxunto de instrucións que contén a secuencia dos nucleótidos dos ADN, posúe as seguintes características:

-É un código de tres letras, cada secuencia de tres nucleótidos denomínase triplete ou codón 

-É un código dexenerado, dado que todos os aminoácidos están codificados por máis dun triplete

-Hai tres tripletes que non codifican para ningún aminoácido

-O máis importante é que o código xenético é universal


  Etapas da síntese de proteínas

-Transcrición: Proceso polo que a secuencia de nucleótidos dun xene do ADN se copia nunha molécula de ARN mensaxeiro

-Saída do ARNm: O ARNm sae do núcleo celular a través dos poros e diríxese aos ribosomas do citoplasma

-Tradución: Proceso polo que se realiza a unión dos aminoácidos na secuencia ditada polos tripletes do ARNm. Realízase nos ribosomas, que se van desprazando ao longo da cadea de ARNm

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Teorías sobre a orixe da vida

A meiose

A mitose e a citocinese