O ciclo de vida da célula

O ciclo celular é o conxunto de acontecementos que teñen lugar na célula desde que se forma ata que entra en división


A interfase: Ocupa a maior parte da vida da célula, é unha etapa
de crecemento e de grande actividade metabólica. Distínguense tres fases:

G1: Comeza a síntese de proteínas, incrementa o volume do citoplasma e o tamaño e o número dos seus orgánulos, as células que non se dividen detéñense nesta etapa do ciclo

Fase S: Prodúcese a duplicación do ADN e os cromosomas pasan a estar formados por dúas cromátides idénticas

G2: Prodúcense novos orgánulos e a célula prepárase para a división

A división celular: Denomínase Fase M, é unha etapa breve da vida da célula e ten 2 fases:

Mitose e citocinese

Tumores: Aparecen cando as células se dividen incontroladamente, poden ser benignos ou malignos

Tumores benignos: Son aqueles nos que as células se dividen nunha área limiada

Tumores malignos: Tamén chamados cancro, son aqueles nos que as células medran incrontroladamente

Comentarios

Entradas populares de este blog

Teorías sobre a orixe da vida

A meiose

A mitose e a citocinese