O ADN e a información xenética
En 1953, James Watson e Francis Crick publicaron o seu famoso artigo
onde anunciaban que descubriran o segredo da vida. No artigo
interpretaban toda a información dispoñible sobre o ADN, ata ese
momento, e propúxose a estrtutura da dobre hélice para a molécula de
ADN.
Para o seu descubrimento foron esenciais os traballos previos realizados por Rosalind Franklin e Maurice Wilkins,que, obtivereon fotografías que mostraban a estrutura repetitiva da molécula de ADN
As dúas cadeas de nucleótidos interaccionan entre si polo apareamento ou complementariedade das súas bases
A dobre hélice é unha estrutura estable
As dúas cadeas son antiparalelas, ao estar de maneira oposta
A información xenética codifícase pola orde na que se unen os seus nucleótidos, isto denomínase secuencia de nucleótidos
A única diferenza entre a información xenética de cada individuo é a secuencia de nucleótidos do seu ADN
Replicación do ADN: Durante a división celular, a célula debe repartir copias idénticas do ADN ás dúas células fillas
Comentarios
Publicar un comentario