Teorías sobre a orixe da vida
Teoría da xeración espontánea: Esta é a idea que sostivo Aristóteles no século lV a.C. Esta teoría explicaba que a vida xurdiu na Terra a partir de materia inerte "espontáneamente" se transformaba para orixinar materia viva
O fin da crenza na xeración espontánea, experimento de Redi:
Experimento de Pasteur:
Teoría da sopa primitiva:
A teoría da sopa primitiva foi proposta por Oparin e Haldane que, dixeron que a vida xurdiría por procesos fisicoqímicos ocorridos gradualmente na atmosfera primitiva terrestre, esto ten varias etapas:
-Os gases presentes na atmósfera primitiva, expostos a unha intensa radiación solar e ás descargas eléctricas producidas durante as tormentas, reaccionarían espontáneamente para formar moléculas orgánicas sinxelas
-As moléculas orgánicas sinxelas precipitaron sobre a superficie terrestre e foron arrastrados pola choiva ata os océanos primitivos, onde se disolveron lentamente e formaron unha sopa primitiva
-Co tempo formaríanse agregados moleculáres en forma de esferas ocas ou coacervados, estes coacervados serían os precursores das primeiras células
Experimento de Miller:
En 1953, o científico Miller comprobou experimentalmente as primeiras etapas da teoría da sopa primitiva, e reproduciu no laboratorio as supostas condicións da atmósfera primitiva a obtivo os compostos orgánicos que deron lugar á vida
-Miller introduciu, nun recipiente de vidro, auga e unha mestura de gases que, segundo Oparin, existian na atmósfera primitiva
-Quentou a auga, e o vapor arrastrou os gases a un segundo recipiente de vidro, onde os someteu durante unha semana a continuas decargas eléctricas semellantes ás que se producen nas tormentas
-Fixo pasar os gases por un tubo frío para que se condensasen
-Recolleu a auga cos produtos da reacción nun matraz que simulaba o océano primitivo. Ao analizar o contido do matraz observou que se sintetizaran moléculas orgánicas sinxelas, e distintos aminoácidos que son as bases das proteínas
Comentarios
Publicar un comentario